viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

Hoxe compartimos a semana de Entroido da nosa clase.
Xa case voltando a unha certa normalidade!!!!!









 

martes, 1 de febrero de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O Día Escolar da Paz e Non Violencia, celébrase o 30 de xaneiro, 
nós estes días  a partir da biografía de Ghandi e do  conto 
"Abrazo de oso", da autora Susana Isern y Betania Zacarías, reflexionamos sobre a importancia da amizade, do compañeirismo e de ser portadores de paz, alí onde estemos ... !!!!
Tamén fixemos varias actividades na clase e unha colectiva no patio do cole, 
onde por fin,
 poidemos mirarnos todxs!!!!!!

Ogallá dure esa paz, da que tanto falamos ... !!!!







 

viernes, 28 de enero de 2022

O RIO DOS SENTIDOS

 Hoxe comezamos un novo proxecto sobre a auga.

Nada mellor que realizar  unha excursión a un tramo do río Tripes en Circos e aos muíños da zona.

 Acompañóunos Ramón, un biólogo, que nos explicou moitas cousas do entorno. 

Por suposto, non podía faltar un tempo do lecer no parque, que tamén  aproveitamos para facer escalada.

Sorte de ter unha extraordinaria natureza moi cerca de nós!!!!



lunes, 24 de enero de 2022

CONFERENCIA: O CAMBIO CLIMÁTICO


A nosa clase durante o primeiro trimestre, estivo investigando sobre as causas e as consecuencias que provocan o  quecemento global da Terra e por conseguinte, o cambio climático que cada día é máis evidente.

A segunda parte da nosa conferencia amosa algunhas das  medidas que cada un de nós, xunto coa nosa familia imos adoitar, para  coidar un chisquiño máis o noso planeta.


Esperamos que para vós sexa tan interesante, coma foi para  nós!!!!!!

 

 

 

                    

                                           

 




 

sábado, 15 de enero de 2022

O AGASALLO DOS REIS MAGOS

Os Reis Magos regaláronnos uns magnetics e 

dúas caixas de "playmais".

Esta semana botamos a imaxinación a voar y ....

 mirade o que saÍu.....

Fantástico !!!!!

miércoles, 29 de diciembre de 2021

A POSTAL DE NADAL

 Este ano por primeira vez, participamos no concurso de postais organizado polo noso concello.

O debuxo tiña que facer alusión a algo que nos fixera pensar en Tui.

Despois de ver fotos e elixir o que nos gustara, cada un de nós, 

fixo un debuxo chulísimo do que quixo de Tui.

Tivemos moita sorte, na nosa clase gañamos o 2º e 3º premio.

A entrega de premios tivo lugar na Sala de Plenos, 

do Concello de Tui, o día 30 de decembro.


Ademáis aproveitamos estes  debuxos, dándolle un toque con purpurina!!!!!   
para facer a postal coa que  felicitamos ás nosas familias neste Nadal, 

Mirade que artistas somos!!!!